Envíos & Devolucións
Información sobre envíos e devolucións
A nosa política de devolución é de quince (15) días hábiles desde o momento da recepción do paquete.
Se desexa devolver algún produto, escríbanos un email a mlijoma@cofc.es poñendo no asunto "Devolución produto" e poñerémonos en contacto con vostede o máis rapidamente posible para indicarlle os pasos para seguir.
Requisitos:
O produto debe estar no mesmo estado no que se entregou e deberá conservar, na medida do posible, a súa embalaxe e etiquetaxe orixinal.
O envío debe facerse usando o mesmo embalaxe que lle enviamos, ou na súa falta, algún formato similar que garanta a devolución en perfecto estado.
Debe incluírse unha copia do albará de entrega dentro do paquete, onde se marquen os produtos devoltos e o motivo de devolución.
Quen paga os gastos de envío nas devolucións?
Se o motivo da devolución é imputable a Farmacia Bugallido (produto defectuoso, caducado ou non é o que se pediu) nós facémonos cargo dos gastos de envío.
Se o motivo é outro (os produtos servíronse correctamente, pero non son do seu agrado), Farmacia Bugallido abonará o custo dos produtos, exceptuando os gastos por devolución, que correrán a cargo do cliente, Península Ibérica terá un custo de 3,90€, Baleares 6€, resto de Europa será en mesmo importe que o envío orixinario.
Por razóns loxísticas, Farmacia Bugallido, só servirá un (1) pedido diario por domicilio e modalidade de pago, cun peso máximo de 30 Kg e un importe máximo de 900€.
Canto tarda o meu pedido?
En Farmacia Bugallido comprometémonos a enviar o produto o máis rápido posible.
Entre 24 e 72 horas teralo en casa.
Se resides fóra de España, entre 3 e 7 días, dependendo do país de destino, ver táboa adxunta de tarifas e prazos de entrega.
Un dos nosos principais esforzos céntrase en servir os pedidos no menor prazo de tempo posible.
O pedido entregarase ao transportista o mesmo día se o realizas antes das 15h, sábados, domingos e festivos, tramitaranse os pedidos o primeiro día laborable. (se se realiza un pedido en venres pasadas as 15h, tramitarase o luns, polo que estaría en repartición entre o martes e mércores, sempre que non sexa festivo)
Os días festivos na comunidade de Galicia, non se tramitarán pedidos, ata o primeiro día laborable (17 de maio, 25 de xullo).
Canto custa o transporte?
En Farmacia Bugallido traballamos coas mellores compañías de transporte, que nos aseguren a puntualidade do enviou e un bo seguimento, aínda que tamén nos reservamos o dereito de elixir a axencia loxística. Os custos de enviou á península (España) e Portugal son de 2,90€, gratis para pedidos superiores a 50€, para Baleares 4,50€ e gratis para pedidos superiores a 80€, para o resto dos países comunitarios os prezos serán calculados de forma automática pola web (www.farmaciabugallido.com), dependendo do país de destino e peso dos produtos.
_edited.png)